Tuesday 30 de April de 2024

Arrancan as obras de reforzo do firme da estrada da Gándara en Oleiros


 

O Concello de Riveira informa de que  comezou unha actuación dirixida ao reforzo do firme da estrada da Gándara na parroquia de Oleiros.

Operarios da empresa Nemesio Ordóñez, S.A., son os encargados de executar esta obra, que comporta un investimento de 37.090 euros, IVE incluído, e conta cunha subvención da Consellería de Medio Rural no marco do Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019.

O tramo do vial en cuestión presenta un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado, cun ancho de rodadura variable.

O obxectivo fundamental que se persegue reside en reforzar o firme ao tempo que ampliar nalgúns tramos o ancho da calzada e para tal fin se aplicará unha nova capa de aglomerado asfáltico en quente.

Pluviais
Previamente, procederase á construción dunha rede de drenaxe de pluviais con tubo central de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e imbornales nos laterais da calzada conectados a este tubo central.

O prazo de execución da obra é de dous meses.